SOBRE NÓS

DE ONDE VIMOS

Traloagro nace do empeño de dous emigrantes retornados, netos de avós de Friol, que deciden iniciarse na actividade gandeira e no sector da carnicería e apostar por un modelo baseado na sustentabilidade, a ecoloxía e o produto BIO.

así empezamos, desde o rural e no rural

Eliximos volver ás nosas raíces, á nosa terra, para continuar a tarefa que iniciaron os nosos avós: vivir por e para o campo e os nosos animais. Así, iniciamos este incrible proxecto en 2010, axuntando o respecto pola Natureza dos que nos precedían e o noso compromiso polo Ecolóxico. O compromiso nace desde a orixe, alí, desde onde se pode cambiar case todo.

Desde unha filosofía de Ecoloxía Rural empezamos pola xestión e coidado do medio, os pastos, a terra, a calidade da auga… e por suposto dos nosos animais, aos que non lles falta de nada. 150 vacas da raza loura galega, 15.000 pitos, 200 galiñas, 8 cans, 4 gatos, dous nenos e Paloma, a nosa burra :-)