BIOCENTRO CÁRNICO
A NOSA PROPIA CARNE ECOLÓXICA CERTIFICADA
No 2020 empezamos a comercialización de nosa propia carne ecolóxica certificada e a doutros produtores ecolóxicos próximos. O obxectivo é continuar o camiño da sustentabilidade e trasladar o valor engadido do produto aos produtores.
Os 1.500 metros cadrados do noso Biocentro Cárnico albergan o despezamento de carnes ecolóxicas de bovino, vacún, porcino, caprino, ovino e avícola. Así como o almacenamento, elaboración e maduración destas.
CARNE ECO CERTIFICADA
As instalacións do Biocentro Cárnico están certificadas polo CRAEGA, @Consello Regulador Ecolóxico, a IGP Ternera Gallega e Slow Food. Selos que nos permite ofrecer un produto coidado con mimo e variedade de carnes ao corte, producidas de modo artesanal.


rastrexabilidade garantida
Traloagro garante ao 100% a rastrexabilidade do produto grazas ao control sobre o ciclo produtivo, despezamento e elaboración.
Os 1.500 metros cadrados do Biocentro Cárnico albergan o despezamento de carnes ecolóxicas de bovino, vacún, porcino, caprino, ovino e avícola.








